Cando toco un Animal
2023Longametraxe de ficción
70 min
Dixital cor
Galego
Mariña (23) comeza unha intensa relación amorosa con Ada (25).
Cando Tomás (27), un amigo de ambas, se introduce na intimidade da
parella, os vínculos sexuais e amorosos altéranse, tremen e revólvense. Seis momentos da relación articulan a película, lanzados coma
destellos de luz, dende unha mirada delicada pero salvaxe moi próxima ás
sensacións reais dun recordo amoroso.

Elenco
Lidia Veiga, Ánxela Ríos e Xulio Besteiro
Dirección e guión:
Ángel Filgueira
Produtora
Sétima
Produtoras
Silvia Fuentes e Anxos Fazáns
Fotografía
Marcos del Villar
Son e Música
Xavier Souto
Dirección de Arte
Raquel Álvarez
Montaxe
Sara Fernández e Ángel Filgueira
Cor
Leticia T. Blanco
FESTIVAIS
-D’A Festival de Cine de Barcelona 2023:
Sección Oficial “Un impulso colectivo”
-Atlántida Mallorca Film Fest 2023:
Sección Oficial Nacional
-RIZOMA Festival de Cine & Cultura Entrelazada de Madrid 2023: Sección Oficial
-Novos Cinemas de Pontevedra 2023:
Película de clausura
-Abycine Festival de Cine Independiente de Albacete 2023: Talentos Lanza
-Queer Film Festival Utrecht 2023
-Damn These Heels Festival, Salt Lake City, Utah 2023
-MIX Copenhagen LGTBQ+ Film Festival, 2024
PREMIOS
-Mestre Mateo 2024: 1 nominación
Mellor Interpretación Feminina Protagonista - Lidia Veiga
LABORATORIOS DE DESENVOLVEMENTO
-Abycine Lanza WIP, Albacete 2021
-FICX PRO Push and Play WIP, Gijón 2021
-IMPUT (S8) A Coruña, 2020
-#LAB Novos Cinemas, Pontevedra 2018
FINANCIAMENTO
-Subvención á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego de AGADIC, 2020
-Apoio da Deputación de Pontevedra




A misteriosa desaparición
de Ángel e Raquel
En montaxeCurtametraxe documental
MiniDV e Super8
Galego, castelá
Érase unha vez dous amigos galegos, Raquel e Ángel, que se
reunían os domingos para perseguir e capturar o elemento
máis fuxidío e pantasmal da paisaxe: a néboa, nun intento imposible de materializar o intanxible. O que
non sabían era que nesa viaxe, despois de abrirse un co
outro, repasando a súas vidas pasadas e visualizando as futuras,
acabarían por esvaecerse tamén, como a néboa cando
abre o día.

Elenco
Raquel Álvarez e Ángel Filgueira
Realización
Raquel Álvarez e Ángel Filgueira
Son
Xavier Souto
Montaxe
Alba Domínguez
Raquel Álvarez
Ángel Filgueira
FINANCIAMENTO
-Subvención á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego de AGADIC, 2024
Handen
En desenvolvementoLongametraxe de ficción
Galego, inglés, portugués, holandés, outros
Uxío (32), un escritor galego, chega a unha granxa holandesa de
cultivo de hortalizas para traballar durante o verán. O traballo é duro, pero Uxío vaise adaptando e encaixando no diverso
grupo de homes emigrados, hostiles e dunha violenta masculinidade tradicional. Pero pouco a pouco, o galego irá deixando atrás a súa vida anterior e os seus plans, e convertíndose nunha peza máis
da maquinaria agrícola, resistente e eficiente.

Dirección e guión
Ángel Filgueira
Produtora
Sétima
LABORATORIOS
-Ventura 2025, Tui - PREMIO VENTURA
SEVILLA Y GOMORRA
2018Documental
60 min
Dixital
Castelán
FESTIVAIS
-CINEUROPA, Santiago de Compostela 2018.
-Festival de Cans, 2018.
Sevilla. Uns amigos falan, bromean, beben e reflexionan.
A noite en Sevilla, unha festa densa, de rúas frías e laranxas. A visión ebria dun presente atascado. E esa noite que non remata.


Dirección e Montaxe
Ángel Filgueira
Produción:
Ángel Filgueira e Sétima
Son:
Víctor Rivas
Cor:
Iria Silvosa
Póster:
Lucía Estévez


Burdeos - Porto
con Marta ValverdeCurtametraxe documental
2020
11 min
Dixital
Castelán
FESTIVAIS
-CINEUROPA, Santiago de Compostela 2020.
Dúas cidades, dúas historias de amor fugaz.
As palabras traen de volta os pasados non esquecidos. Pero agora xa no semella ser o mesmo lugar.

