A misteriosa desaparición
de Ángel e Raquel
En montaxeCurtametraxe documental
MiniDV e Super8
Galego, castelán
FINANCIAMENTO
-Subvención á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego de AGADIC, 2024
Elenco
Raquel Álvarez e Ángel Filgueira
Realización
Raquel Álvarez e Ángel Filgueira
Son
Xavier Souto
Montaxe
Alba Domínguez
Raquel Álvarez
Ángel Filgueira
Érase unha vez dous amigos galegos, Raquel e Ángel, que se
reunían os domingos para perseguir e capturar o elemento
máis fuxidío e pantasmal da paisaxe: a néboa, nun intento imposible de materializar o intanxible. O que
non sabían era que nesa viaxe, despois de abrirse un co
outro, repasando a súas vidas pasadas e visualizando as futuras,
acabarían por esvaecerse tamén, como a néboa cando
abre o día.
