Nacín en Redondela en 1992 e dedícome á dirección e guión de cine. O meu traballo parte do autobiográfico para investigar ás persoas, a intimidade, o recordo, e a forma de relacionarnos, buscando capturar e crear imaxes vivas e sensoriais.

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidad de Vigo, estudo como Erasmus na Universidade Michel de Montaigne en Burdeos, e coa beca SICUE na Universidade de Sevilla.
Das experiencias en Sevilla, nace o documental Sevilla y Gomorra (2018), como unha inmersión nesta cidade e nas súas noites infinitas, estreado no festival Cineuropa de Santiago de Compostela.

Realizo varias curtametraxes como El Cuadrado (2019, estreada en Curtocircuíto) ou Burdeos - Porto (2020, codirixida con Marta Valverde e estreada tamén en Cineuropa).

No curso 2018-2019 realizo o Máster en Investigación en Prácticas Artísticas e Visuais na Universidade de Castilla - La Mancha, en Cuenca. A partir destes estudos en arte, investigo e experimento outras disciplinas e formatos: a peza escultórica Bilbao, que forma parte da exposición colectiva Si fuese tú, e as instalacións audiovisuais A e AHORA.

No 2021 rodo xunto á produtora Sétima (http://setima.gal/) a miña primeira longametraxe de ficción Cando toco un animal, con Lidia Veiga e Ánxela Ríos de protagonistas. Durante o proceso de creación deste proxecto en torno ao amor, ao sexo e ás relacións, participo no #LAB de desenvolvemento do festival Novos Cinemas de Pontevedra en 2018, no IMPUT 2020 do (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña, e no Abycine Lanza e no FICXPro Push and Play do Festival de Cine de Xixón do 2021.
A película estreouse no 2023 no D’A Festival de Cine de Barcelona, na sección oficial “Un impulso colectivo” e participou nas seccións oficiais do Atlántida Mallorca Film Fest e no Rizoma Festival Internacional de Cine y Cultura Entrelazada de Madrid. Foi a película de clausura do Festival Novos Cinemas de Pontevedra no final de 2023.




Contacto                
+34 657363305                 
angelfilgueirag@gmail.com                 
angel.filgueira.g